Home » , , , , , , , , » Resultados 2ª Xornada Liga Gallega 2011

Resultados 2ª Xornada Liga Gallega 2011

Written By Zarracos on lunes, 17 de enero de 2011 | 18:12

DIVISIÓN HONOR

ARTEIXO A

3,5 - 2,5

XADREZ OURENSE "A"

ACTA

C. FERROLANO "A"

4,5 - 1,5

LICEO A. POSTAL OU.

ACTA

1ª DIVISIÓN GRUPO C

ALEKHINE-C. TEMPU

2 - 2

P. RECREATIVA-PERA

ACTA

UNIV VIGO-X. GALEGO

2,5 - 1,5

XADREZ OURENSE "B"

ACTA

FISCHER MOAÑA

3,5 - 0,5

UNIVERSITARIO DE OU.

ACTA

2ª DIVISIÓN GRUPO E

CELANOVA "A"

2,5 - 1,5

XADREZ OURENSE "E"

ACTA

2ª DIVISIÓN GRUPO F

XADREZ LOUREIRO "A"

2 - 2

CXF-SOLD OUT

ACTA

XADREZ CONTOS TUI

2 - 2

XADREZ OURENSE "C"

ACTA

CLUBE AGORA

1,5 - 2,5

ATTAKE PEONIL

ACTA

ATENEO DE OURENSE

4 - 0

CELANOVA "B"

ACTA

3ª DIVISIÓN GRUPO E

C. X. CHANTADA C

-

XADREZ OURENSE "D"

ACTA

ATTAKE PEONIL "B"

0 - 4

C. X. CHANTADA B

ACTA

UNIVERSITARIO "B"

0 - 4

CASA XUVENTUDE "A"

ACTA


Os dous representantes ourensáns na División de Honor, remataron a segunda xornada con derrota. O Xadrez Ourense “A” caeu pola mínima (3,5-2,5) ante o Xadrez Arteixo. As victorias de Oscar Salgado e Alejandro De León, xunto co empate acadado por Fernando Sánchez, non foi suficiente para batir a un equipo coruñés que comezou moi forte esta tempada.

O Liceo Academia Postal volveu a ceder con contundencia ante o Círculo Ferrolano (4,5-1,5). A victoria de Rafael Outomuro e as tablas acadadas por David Baltar no primeiro taboleiro foron a recompensa desta xornada para os liceístas, que ocupan despois de dúas xornadas o último posto.

No que respecta á Primeira División, a Peña Recreativa obtivo un empate (2-2) ante o Alekhine vigués, a pesar de non contar cos seus dous primeiros taboleiros. O Xadrez Ourense”B” caeu pola mínima (2,5-1,5) ante un xoven Xadrez Galego. Peor lle foron as cousas ó Universitario de Ourense, que caiu claramente (3,5-0,5) ante o Fischer de Moaña.

No grupo F da Segunda División, empates (2-2) para o Xadrez Loureiro “A” e o Xadrez Ourense “C” ante o CXF-Sold Out(Vilagarcía) e o Xadrez Contos Tui respectivamente. Quen si acadou a victoria foron os bandeses do Attake Peonil (2,5-1,5) ante o Ágora. No derbi provincial, o Ateneo impúxose (4-0) duramente ante o Celanova ”B”.

No grupo E tamén houbo derbi, que enfrentaba ao Celanova “A” fronte o Xadrez Ourense “D”, e que se saldou ca victoria dos celanovenses (2,5-1,5).

Xa na Terceira División destacamos a victoria contundente do equipo Sub-12 da Casa da Xuventude sobre o Universitario “B” (4-0), e a derrota do Attake Peonil “B” ante o Chantada con idéntico resultado ao anterior.

Share this article :

0 comentarios:

Publicar un comentario