Home » , , , , » IV Open Xadrez McDonalds - C.E. - Resultados

IV Open Xadrez McDonalds - C.E. - Resultados

Written By Zarracos on martes, 26 de octubre de 2010 | 12:39

Durante toda a xornada do sábado celebrouse o IV Open Xadrez McDonalds. A participación foi moi numerosa acadándose a cifra de 180 xadrecistas de toda Galicia que disputaron un deportivo torneo, repartidos en cinco categorías, Cadete, Infantil, Alevín, Benxamín e Promesas que disputaron as sete roldas do evento nas salas do Auditorio Municipal.

Na vila arousana déronse cita os mellores mozos xadrecistas de Galicia, xa que a proba era a décimo sexta e penúltima valedoira para o V Circuíto Galego Escolar, que gozaron dunha perfecta xornada de convivencia xa que ademais de competir no seu deporte preferido, recibiron regalos pola súa participación no torneo, doados pola firma McDonalds.
Na categoría prebenxamín, o vencedor foi o vigués Alex Lorenzo do club Lucena, seguido de Martín Pena de la Universidade de Santiago. A primeira rapaza nesta categoría foi María Alice Oliveria de Portugal na terceira posición. José Carlos González(C. Xuventude) y Xurxo Gerpe(C. Xuventude) terminaron con 4 ptos, sendo 11º e 13º respectivamente.
A clasificación final benxamín estivo comandada por Gabriel Roma (Xadrez Ourense),seguido do ourensán Brais Gerpe(C. Xuventude) e do vigués Pablo Vidal. Miguel Puga(Casa da Xuventude) rematou no 5º posto mentres que Alberto Iglesias(C. Xuventude), Raúl Martínez(C. Xuventude) e Mario Álvarez(C. Xuventude) remataron con 4 ptos finalizando 9º, 10º e 15º respectivamente.

O primeiro posto do podio de alevíns foi para Alberto Portela de la Escola de Xadrez de Pontevedra. Segundo foi Adrián Gómez do Xadrez Ourense e terceiro o portugués Ivo Rodrígues. Angel Domínguez(C. Xuventude) finalizou nun meritorio 8º posto mentres que Enrique Silva(C. Xuventude) cosechou unha boa actuación finalizando con 3 ptos.
Os infantís tiveron como vencedor a Jorge Iglesias del Lucena de Vigo. Seguírono nas medallas a ferrolana Inés Prado e Lucas Abal, que segue con esperanzas de acadar o triunfo final no Circuíto na derradeira proba a celebrar en Ourense o vindeiro domingo.
A categoría Cadete deixa como vencedor absoluto a David Gómez do Xadrez Ourense. Segundo foi Luis Medarde da Universidade de Santiago e terceiro Yago Barral do Karpov de Pontevedra.

CLASIFICACIONES FINALES
SUB8 - SUB10 - SUB12 - SUB14 - SUB16
Share this article :

0 comentarios:

Publicar un comentario